Improversións: A propósito de William
Texto
Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un no...
Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un novo traballo facendo o que mellor saben facer: encarnar as historias tal e como as tería escrito o seu finado dramaturgo, un tal William, que quedou na corte co resto dos cadáveres.
Víctor Castro, Antía Vidal e Diego Salgado improvisan historias no estilo de Shakespeare ca súa característica esencia musical, como estaba escrito no destino dos Improversados.
Algo cheira a impro en Dinamarca.
Ver máis
Autoría
Compañía Improversados
Compañía Improversados