Playmobil Compostela

O mundo do xoguete e, en concreto, da firma Playmobil® protagonizan un dos variados eventos que te esperan en abril no teu Outlet de Santiago. Do luns 30 de marzo ao sábado 25 de abril as figuras de Playmobil® toman o Outlet Área Central con montaxes orixinais, feira de pezas e concurso de minidioramas.

Playmobil Compostela comporase de catro dioramas orixinais creados por membros da asociación PlaymoGalicia. Estas montaxes recrearán ambientacións históricas e situacións da vida cotidiana. En total, haberá catro dioramas: dos de catro metros cadrados, un de oito metros cadrados e un de doce metros cadrados.

No marco de colaboración que mantén dende anos o Outlet Área Centra con PlaymoGalicia e a súa labor social, poñemos en valor o traballo, o cariño e as horas adicadas a facer estes dioramas nunca vistos.

Esta exposición non está organizada por (c) Playmobil/Geobra Brandstaetter stiftung & Co. Feira de pezas de Playmobil

Playmobil Compostela busca ser un punto de encontro entre os afeccionados de Galicia a esta marca. Por iso, inclúe varias accións. Ademais da mostra dos dioramas, o sábado 18, de 10.00 a 21.00 h, e domingo 19 de abril, de 10.00 a 20.00 h, os expositores Frikicollection, O Faiado e Playmocampoo traerán infinidade de pezas e accesorios da marca Playmobil®. Concurso de minidioramas

Ademais, queremos implicar ás persoas amantes destas figuras para que xoguen e fagan os seus propios dioramas. En Playmobil Compostela lanzamos un concurso de minidioramas para que botes a voar a túa imaxinación. Esta é unha chamada a nenos, adultos e familias que queiran demostrar a súa creatividade e pasar un bo rato creando un escenario de Playmobil®.

Máis información

Luns
09:00 – 22:00
Martes
09:00 – 22:00
Mércores
09:00 – 22:00
Xoves
09:00 – 22:00
Venres
09:00 – 22:00
Sábado
09:00 – 22:00
Domingo
09:00 – 22:00

Área Central