KUMBH MELA

«KUMBH MELA»

O baño da inmortalidade

Fotografías de Manuel Valcárcel «Piro».

Kumbh Mela vén do sánscrito e posúe un significado profundamente mitolóxico e simbólico dentro do hinduísmo. Kumbh significaría «xerra» ou «cántaro» e Mela «encontro» ou «reunión». Segundo a cosmogonía hindú, durante a batalla entre deuses e demos pola amrita (a xerra do néctar da inmortalidade), catro gotas caeron en Prayagraj, Haridwar, Nashik e Ujjain. Convertéronse así en cidades sacras nas que se celebra sucesivamente esta festividade.

O «Encontro do Cántaro», considerado o maior encontro relixioso do planeta, é tamén unha reunión para lograr o perdón dos pecados propios e os dos ascendentes en 88 xeracións mediante o snana (baño sagrado), e para romper co samsara, o ciclo das reencarnacións, e alcanzar así o moksha, a liberación do espírito.

Entre o 13 de xaneiro e o 26 de febreiro deste 2025, tivo lugar na cidade de Prayagraj un Kumbh Mela especial. Este evento adoita celebrarse cada 12 anos e, cando este ciclo coincide coa órbita completa de Xúpiter (12 ciclos de 12 anos), tórnase excepcional e denomínase Maha, é dicir, «gran». Manuel Valcárcel «Piro» recolleu un suceso que non se repetirá ata dentro de 144 anos; o último tivo lugar en 1881.

Máis información

Martes
09:30 – 20:30
Mércores
09:30 – 20:30
Xoves
09:30 – 20:30
Venres
09:30 – 20:30
Sábado
11:00 – 19:30
Domingo
10:15 – 14:45

Museo das Peregrinacións e de Santiago