JONDE E ENSEMBLE MODERN I
CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
JONDE E ENSEMBLE MODERN I
PROGRAMA
Kaija Saariaho (1952–2023) Cendres, para frauta alto, violonchelo e piano (1998)
Carme Rodríguez (1996) Unha estrela danzante, para clarinete, trompa, viola, contrabaIxo, percusión e piano* (2026)
Younghi Pagh-Paan (1945) U-mul, para frauta, clarinete, violín, viola, violonchelo, contrabaIxo e percusión** (1992)
Cathy Milliken (1956) Three step, para trompa, violín e violonchelo (2010)
Hilda Paredes (1957) Juegos prohibidos, para clarinete, violonchelo e piano (2019)
Hannah Kendall (1984) Vera, para clarinete, violín, viola e violonchelo (2008)
*Estrea absoluta. Encargo da JONDE | **Estrea en España
Toda creación deixa unha pegada que pode permanecer como lembranza ou como unha vibración que continúa no silencio cando o son xa desapareceu. As composicións deste concerto comparten unha concepción da música como materia viva, en constante transformación, na que o timbre, a textura e a resonancia teñen un papel fundamental e crean paisaxes sonoras cambiantes. As seis pezas abordan tamén cuestións como a memoria individual e colectiva, a identidade, a reinterpretación da tradición e a procura de novas formas de expresión para o presente. Desde a escritura espectral de Saariaho ata o diálogo intercultural de Pagh-Paan, pasando pola evocación simbólica de Milliken e a dimensión ética da música de Paredes; ata a intensidade narrativa de Kendall e a voz nova de Carme Rodríguez, o programa constrúe un mosaico de perspectivas e sensibilidades diversas, estéticas unidas por unha mesma idea: o son é unha materia viva, capaz de conservar, transformar e transmitir a memoria.