MINI BREAK

BRODAS BROS
Idade recomendada:4 a 9 anos
Duración: 55 min 
Lingua: castelán

A Tropa C no patio de butacas

Mini Break é o novo espectáculo da compañía Brodas Bros e quere render unha homenaxe ao Hip Hop e a toda a galaxia de ritmos, músicas e maneiras de moverse, e presentarlles aos máis pequenos, dunha forma visual e sinxela, a filosofía e a historia deste tipo de música.

Dous personaxes inseparables, Hip e Hop, atoparán o seu lugar no universo da música xunto aos seus compañeiros de aventuras: Break e Beat.

E o pequeno público que veña ver o espectáculo acompañaraos nesta participativa viaxe de descubrimentos.

O beatbox, o DJing, o scratch, o breakdancing e o grafiti, aspectos fundamentais da cultura do Hip Hop, pasarán polo noso escenario enchendo todo de cores. Transformaremos o espazo en dous xigantescos pratos de picadiscos e as nosas dúas protagonistas bailarán un espectacular remix de clásicos da época.

Atrevédesvos a repetir connosco as palabras máxicas que nos introducirán nesta galaxia afastada (que naceu a comezos dos anos 70)?

HIP HOP · HOUSE · POP · LOCKING · BREAK

[Fotografía: Arian Botey]

logos_danza_a_escena.png

Máis información

Domingo 20 de decembro 2026