EMPAQUE
CHICARRÓN CIRCO FLAMENCO
Idade recomendada: público adulto
Duración: 55 min
Lingua: castelán
Danza · Circo
Empaque é un espectáculo asentado na poesía do circo, o flamenco e o humor, a través dunha dramaturxia intuitiva e contemporánea dos malabares, o cante, os ritmos e a palabra.
Empaque de que? O malabarista lanza a pelota ao aire, o flamenco recolle a bata de cola mentres o artista calza as luvas de boxeo para dar patadas coma se fose un rapaz que cantaruxa unha pregunta que lle rolda pola alma. Ti enténdelo?
Empaque ten a elegancia de formular ben unha pregunta que, ás veces, se atragoa:
Quen son?
A resposta non a ten ninguén.
Se ti a tes... Ole, ti!
logos_circo_a_escena_2026.png
