CICLO DE LIED · ALBORES

TEMPADA «MEMORIA» · CICLO DE LIED

Kateryna Kasper, soprano
Ensemble ADOC
 Mariña García Bouso, violín barroco
 Tiago Matías, guitarra romántica
 Marta López, clave

PROGRAMA

Obras de Christoph Willibald Gluck, Wolfgang Amadeus Mozart, Maria Theresa von Paradis, Ferdinando Carulli, Mauro Giuliani e Moritz Hauptmann

A proposta da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de  Compostela, da man de Kateryna Kasper e un ensemble formado para a ocasión, é unha viaxe polos horizontes do lied, o xénero que reúne poesía e música nun diálogo íntimo e imperecedoiro.

A través dunha instrumentación historicista, o concerto amosa a rica transición musical entre os séculos XVIII e XIX. A reforma dramática de Gluck e a xenialidade teatral de Mozart dialogan coa sensibilidade romántica temperá de Maria Theresa von Paradis.
En paralelo, o papel crucial da guitarra en Viena e París da man de Carulli e Giuliani, que converteron as cordas pulsadas nun soporte vocal tan expresivo e portátil coma o teclado. Coa madurez formal de Hauptmann péchase un percorrido que celebra a evolución da canción, transformando a música de cámara nun espello directo dos afectos e da alma humana.


logo_adoc.png

Máis información

Xoves 26 de novembro 2026