(EN)FOCO 1 XACOBEO: UNHA NOITE DE TANGO

TEMPADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Matteo Dal Maso, director
Sofía Ros, acordeón
Óscar Cobos e Antía Barcia, danza

PROGRAMA

Astor Piazzolla: Libertango
Astor Piazzolla: Chiquilín de Bachín
Astor Piazzolla: Five Tango Sensations (selección)
Astor Piazzolla: Las cuatro estaciones porteñas (selección)
Astor Piazzolla: Concerto para bandoneón «Aconcagua» (selección)

Piazzolla protagoniza este primeiro (EN)FOCO da tempada. Se hai un nome que evoca con forza a música arxentina é o deste compositor que revolucionou o tango: demasiado audaz para os ortodoxos do xénero e excesivamente arrabaldeiro para os puristas. Fillo de inmigrantes italianos, recibiu do seu pai un bandoneón que aprendeu a tocar de maneira autodidacta durante a súa infancia en Nova York, onde coñeceu a Carlos Gardel. Desa etapa herdou o gusto polo jazz e, dos anos en París, o coñecemento da tradición europea. Incomprendido durante décadas polos sectores máis tradicionais do tango, o recoñecemento chegoulle nos anos finais da súa vida. Poucas obras ilustran mellor esta evolución que Las cuatro estaciones porteñas, nas que o compositor evoca o pulso e a atmosfera de Bos Aires. Libertango sintetiza os dous principios que guiaron a súa traxectoria: liberdade e tango. Five Tango Sensations, escrita tras unha grave enfermidade, amosa unha dimensión máis íntima e vital do compositor; mentres que o Concerto Aconcagua, coroado por un final de gran forza expresiva, ten un carácter case testamentario, como a última obra que gravou.

logos_xunta_xacobeo.png

Máis información

Venres 16 de outubro 2026