CUBA CANTA EN MARÉ
Cuba, inesgotable potencia musical do Caribe, farase oír no Maré 26 a través do espectáculo “Cuba canta en Maré”: unha viaxe polas paisaxes sonoras da illa a través dos músicos cubanos Alejandro Vargas, á fronte do seu Trío, e Reynier Aldana, coa súa homenaxe ás lendas do Buena Vista Social Club. Unha noite coral que contará con artistas convidadas que engadirán unha nova dimensión ao repertorio: a gran voz de Lindiana Murphy, a nova trova de Frank Delgado, a forza de David Álvarez xunto a Loidis Taboada -de Juego de Manos- ou a enerxía de Wöyza e Rafael Briseño. Un proxecto no que a diáspora musical cubana en Galicia celebra o encontro cultural a través dos ritmos do jazz, da salsa ou do son cubano. mare.gal