A gaivota. Ensaio aberto
Texto
Que acontece cando, a apenas un día da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas?
A peza parte desta situación límite para construír un dispositivo ...
Que acontece cando, a apenas un día da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas?
A peza parte desta situación límite para construír un dispositivo profundamente teatral: un ensaio aberto que se transforma en espectáculo, onde fragmentos da obra de Chejov se entrelazan con experiencias persoais. A realidade e a ficción acaban por confundirse diante do público.
Nina, unha moza noviña que soña con ser actriz, e Arkádina, diva do teatro da época. Axúdaas outra actriz, a que fai da que Chejov colocou no dramatis personae como “Moza”. As tres actrices comparten o clásico de finais do século XIX e debullan os seus paralelismos co presente e cos temas universais: a dimensión das actrices dentro do teatro e das mulleres dentro da sociedade, o ocaso dunha época histórica e o xurdimento dun mundo novo e descoñecido, o amor, a creación... Chejov en estado puro.
Proxecto creado dentro das residencias ARTISTEA do Concello de Pontareas e as residencias DESCARTES da Cidade da Cultura e a colaboración do Padroado de Cultura de Narón e o Ministerio de Cultura de Cabo Verde
Ver máis
Elenco
Déborah Vukusic
Mercedes Castro
Uxía Suevos