A serie clopen

Texto

Acrobacias imposibles, aéreos impactantes comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora. A serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, ...

Acrobacias imposibles, aéreos impactantes comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora. A serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e a investigar o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as matemáticas.

Pero todo o que descobre, xera máis preguntas...

Poderán as mates explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?

Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración?

E, sobre todo, poderá o Circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?

Ver máis

Elenco

Por orde alfabética:

Marián Bañobre Luz García Johanna Hesse Raquel Oitavén Natalia Pajarito Inés Santos Guillermo Solo

Máis información

Venres 11 de setembro 2026

Sábado 12 de setembro 2026

Domingo 13 de setembro 2026

Mércores 16 de setembro 2026

Xoves 17 de setembro 2026

Venres 18 de setembro 2026

Sábado 19 de setembro 2026

Domingo 20 de setembro 2026