Bs. As. (20º Aniversario)

Galegos e galegas empurrados pola fame a Bos Aires. Os avós xa non existen, pero quedan xeracións de netos que tentan facer o camiño á inversa. A partir de fotografías familiares, recordos e memoria histórica, agroma unha reflexión sobre a emigración e os lazos que atan continentes. A proxección de “Bs. As.”, da que se cumpre neste 2026 o seu 20º aniversario, contará con presentación e coloquio de Alberte Pagán.

Venres 26 de xuño 2026