Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro) da Federación de Ateneos de Galicia
O sábado, 20 de xuño, a Federación de Ateneos de Galicia realizará unha homenaxe a Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro) co seguinte programa:
9.30h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.
11.00h. Recepción por parte da Fundación Otero Pedrayo.
Roteiro por Trasalba
Visita guiada ao Pazo de Trasalba (Casa Museo Otero Pedrayo)
Construído no século XVIII, destaca pola súa arquitectura tradicional, rodeado dunha paisaxe rural idílica, con xardíns, bosques e vistas ao val do río Miño. Residencia de Otero Pedrayo, aquí desenvolveu gran parte da súa obra, sendo o lugar onde escribiu algúns dos seus libros máis importantes. Hoxe en día, alberga o Museo dedicado á vida e obra do autor, ofrecendo a posibilidade de mergullarse no universo do escritor, cunha coidada exposición de obxectos persoais, manuscritos, mobiliario orixinal e recordos familiares. Ademais, consérvanse intactos os espazos onde traballaba, como a súa biblioteca e o seu despacho.
Proxección do documental «Otero Pedrayo, dereito á paisaxe»
Actuación musical con poemas de Otero Pedrayo, con Emilio Rúa, María do Ceo e Manoele de Felisa.
14.00h. Xantar de confraternidade dos Ateneos de Galicia nunha carpa. Menú:
Empanada, lacón asado e táboas de xamón e queixo
Polbo
Carne ao caldeiro con cachelos
Sobremesa: Bica e torta de mazá
Bebidas: viño branco e tinto, gasosa, auga, cervexa, refrescos
Café e licores
Recital poético
Foliada coa Banda de Música Tradicional de Amoeiro
19.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago. Chegada aproximada ás 20h.
O prezo estimado é de 50€ por persoa, incluíndo autobús, xantar, visitas, actuacións e foliada. As inscricións, exclusivas para as socias e socios do Ateneo de Santiago, deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 28 de maio, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.