Proxección da película «A soidade do corredor de fondo» de Tony Richardson

O mércores, 29 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «A soidade do corredor de fondo» (The loneliness of the long distance runner) de Tony Richardson. Esta proxección, comprendida dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Fernando Redondo, Profesor de Comunicación audiovisual da USC.

A soidade do corredor de fondo (The loneliness of the long distance runner)
Director: Tony Richardson
Reino Unido, 1962
Colin Smith é un mozo de clase obreira que vive nos arredores de Nottingham. Un día comete un roubo nunha panadería e é enviado a un reformatorio. Unha vez alí comeza a correr e, grazas ás súas cualidades como corredor de fondo, vai gañando postos na institución penitenciaria. Durante os seus entrenamentos reflexiona sobre a súa vida anterior e comeza a comprender que se atopa nunha situación privilexiada.

Fernando Redondo Neira, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco (UPV) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é Profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), é coautor de Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura y sociedad e Coordinador-editor do volume Cidadanía e documental. Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo, forma parte da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC), do Centro de Estudos Fílmicos da USC e da Asociación Galega de Investigadores/as da Comunicación.

Mércores 29 de abril 2026