Festa 30 aniversario - Nordesía
Nordesía Produccións, empresa pioneira no sector cultural galego, celebra o seu 30º aniversario cunha festa moi especial. O mestre Carlos Blanco será o encargado de conducir unha noite chea de emocións. A programación inclúe o concerto de Expresso Transatlântico, que servirá de marco oficial para a presentación da VII Edición do Festival MARÉ, e as intervencións musicais de artistas como Cheny Wa Gune, A Pedreira & Alejandro Vargas, X. M. Budiño, Lumedoloop, Marcos Coll, Felisa Segade, Uxía, Banda das Crechas e DJ MIL. Para que a festa continúe e o baile estea asegurado, DJ Panko fará un percorrido pola música vencellada a Nordesía nestes 30 anos de traxectoria. 20:30h – portas instagram.com/nordesiaproducions