Jaguayano

O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.

Pablo Gómez, desde a Costa Crebada cántabra, aterra coa súa ukelele e a súa guitarra de nylon para transportarnos a praias paradisíacas que só existen na imaxinación. Ou quizá si existen. As súas.

A súa música ponche un sorriso na cara. As súas melodías arrólanche con aparente lixeireza. Pero por baixo, esa voz rachada e inconfundible escarba a alma e deixa un pouso de verdade inesperado. Como un atardecer perfecto desde a súa illa particular.

Con máis de 7 millóns de escoitas en "Encarcelado", e un novo disco recentemente saído do forno (Botas de Aguacate, maio 2025), Jaguayano vén presentar en directo todas as cancións que xa forman parte da banda sonora de moita xente.

Un concerto para deixarse levar, cantar, sentir e soñar esperto.

🗓 VENRES 24 DE ABRIL
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas xa á venda Baila FM

Vésche á illa?

#RiquelaClub #Jaguayano #BotasDeAguacate

Venres 24 de abril 2026