TRASPIELAS

SU GARRIDO POMBO

MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA

Traspielas é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello),Iago Ramilo (saxo), **Marco Maril (**electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas e proxecións con imaxes actuais e de videoarquivo, músicas de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional conflúen para crear unha obra actual.
O obxectivo e dar nova vida a estas cancións nunha proposta artística multidisciplinare contemporánea que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.
Despois de participar nas Residencias Mariñán 2024, foron proxecto seleccionado no MUMI 2024 e Maré 2024 e están preparando a súa xira e gravación do seu novo proxecto discográfico.

Máis información

Venres 29 de maio 2026