JONDE E ENSEMBLE MODERN II

CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027

JONDE E ENSEMBLE MODERN

PROGRAMA

Amy Williams (1969) Bells and whistles para violín, violonchelo e piano (2022)

Jennifer Walshe (1974) Unbreakable line. Hinged waist, para frauta, óboe, clarinete, violín, viola, violonchelo, percusión e piano (2002)

Seyko Itoh (1983) My favorite things II, para frauta, clarinete, violín, viola, violonchelo e piano (2013)

Malika Kishino (1971) Lamento II, para violín e viola (2013 / rev. 2014-21)

Ruth Crawford (1901-1953)

Diaphonic suite núm. 2, para fagot e violonchelo (1930)

String quartet 1931, para dous violíns, viola e violonchelo (1931)


A música contemporánea adoita avanzar cara a territorios nos que as fronteiras entre o son, a palabra, a imaxe e a materia deixan de ser evidentes, ampliando o xeito de comprender a música máis aló do estritamente audible. Cada obra propón unha forma particular de reinventar as posibilidades musicais, modificando os materiais sonoros, alterando a percepción do son, explorando novas relacións entre os instrumentos ou incorporando procedementos alleos á música como motores do proceso creativo. Así, Bells and Whistles, inicia o programa coa súa enerxía mecánica e cinética; Walshe transforma xestos e técnicas instrumentais, redefinindo o acto de interpretar; Seyko Itoh emprega xogos combinatorios inspirados nos anagramas como fonte de novas relacións musicais; Kishino crea organismos sonoros nos que natureza, memoria e espazo se mesturan; e Crawford Seeger desenvolve unha nova sintaxe baseada na autonomía das voces e no rigor estrutural. O programa pretende presentar universos sonoros nos que as técnicas estendidas, os procesos combinatorios, ou a incorporación de ruído e de movemento funcionan como ferramentas para innovar nas relacións entre son, espazo e tempo e na maneira de percibir a música.