ARXIS ENSEMBLE · MARGARITA RODRÍGUEZ
- Concerto
- 60 minutos
CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
CONCERTO EXTRAORDINARIO DE PRESENTACIÓN DO PREMIO INTERNACIONAL ANDRÉS GAOS DE COMPOSICIÓN MUSICAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Margarita Rodríguez, soprano
Clara Giner, frauta
Sergi Bayarri, clarinete
Noè Rodrigo, percusión
Nikola Tanaskovic, acordeón
Magdalena Cerezo, piano
Blanca Budiño, violonchelo
Zacharias Fasshauer, contrabaixo
Aitor Vázquez, director
PROGRAMA
Jacobo Gaspar (1975). Sombras de inverno III (2026)
Morton Feldman (1926-1987). Voice and instruments II (1974)
Rebecca Saunders (1967). Quartet (1998)
Aitor Vázquez (1993). Sonora - una fisura da poesía de Chus Pato * (2025)
*Obra gañadora do XVI Premio Internacional Andrés Gaos de Composición Musical da Deputación da Coruña
Contemporáneas é una programación dedicada á creación musical contemporánea, concibida como espazo de encontro entre diferentes xeracións, estéticas e procedencias que presta especial atención á creación galega, á obra de compositoras, ás estreas e á celebración de figuras fundamentais da música dos séculos XX e XXI.
Este concerto extraordinario é unha declaración de intencións e o seu programa anticipa os eixes que atravesarán o ciclo: a creación como espazo de memoria e de risco, o diálogo entre compositoras e compositores, a atención á creación galega e a vontade de situar no centro voces imprescindibles da música contemporánea.
As obras deste primeiro encontro propoñen, desde linguaxes moi dispares, unha mesma reflexión sobre a escoita e sobre o son entendido non como vehículo dun discurso, senón como materia, como tem po e como espazo.
Sombras de inverno III de Jacobo Gaspar, convive coa suspensión temporal e a delicada arquitectura sonora de Voice and Instruments II de Feldman, cuxo centenario motiva un fito no ciclo. O Quartet de Rebecca Saunders afonda na fisicidade do son e na tensión do xesto instrumental, ao tempo que Sonora – unha fisura da poesía de Chus Pato, a obra coa que Aitor Vázquez gañou o XVI Premio Internacional Andrés Gaos da Deputación da Coruña, profunda no diálogo entre música e palabra. Máis que presentar un repertorio, este concerto debuxa un horizonte de exploración: un mapa no que asoman os camiños que o ciclo percorrerá ao longo da tempada.