BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:3_5QKKa7nhwIlVm-D_NWL
SUMMARY:FACER APARECER · CLUB DE DIARISTAS · XIANA DO TEIXEIRO
DTSTAMP:20260926T020314Z
DTSTART:20261230T113000Z
DESCRIPTION:**FACER APARECER. ENSAIOS COLECTIVOS DUN NOSOUTRAS**\n\n**COLEC
	TIVOS TEMPORAIS DE ACTUALIZACIÓN | CLUB DE DIARISTAS  | XIANA DO TEIXEIRO*
	*\n\nConvocamos un «club de diaristas» e convidamos a mulleres que desexen
	 formar parte. Xuntarémonos para ler\, conversar e incluso volver escribir
	 a propósito do que activan os diarios de adolescencia\, os propios e os d
	as compañeiras. Serán catro sesións que se celebrarán con Xiana do Teixeir
	o os sábados:\n\n»14 de novembro de 2026\n\n»12 de decembro de 2026\n\n»16
	 de xaneiro de 2027\n\n»6 de febreiro de 2027\n\nQueres unirte a este cole
	ctivo temporal? [Accede ao formulario de inscrición](https://docs.google.c
	om/forms/d/e/1FAIpQLSfw_ZsFyml--53aGmybwfCq8aIVDVf9ZUw-E22S-OJzbCNpwA/view
	form?usp=header) (abrirase para a recepción de propostas tras a inauguraci
	ón da mostra\, o 23 de setembro)\n\n**INFORMACIÓN PRÁCTICA**\n\n-   De bal
	de\n-   Dirixida a todas as mulleres interesadas\n-   Para asistir é neces
	ario cumprimentar este formulario de inscrición \n-   20 prazas. A inscric
	ión pecharase cando se cubran as prazas. Esta actividade ten límite de cap
	acidade\n\n---\n\n\\_\\_\n\n_**Crías**_ traballa arredor dos diarios de ad
	olescencia\, explorando unha escritura íntima vital que non adoita ser mir
	ada porque nace para ser secreta e se clausura ou se fai desaparecer\, por
	que nos fan avergoñarnos dela. Xiana do Teixeiro\, que se declara «diarist
	a arrebatada»\, transforma o seu proceso de creación da película nun exerc
	icio compartido de autoetnografía colectiva. A partir del van desactivándo
	se barreiras e habilitándose permisos para volver sentir curiosidade e\, s
	obre todo\, confianza mutua cara á escrita íntima\, cara a aquelas que fom
	os\, e non fomos\, na nosa adolescencia. No espazo de _Crías_ tratamos de 
	seguir traizoando o pacto de segredo do diario íntimo\, facilitando o acce
	so a el e decodificando a súa materialidade\, mesmo sabendo que quizais se
	 trate do «estrato literario máis baixo da literatura» e\, á vez\, da «art
	e bruta perfecta na súa forma» (3). Un ensaio-exploración aberto que se ap
	oia nun nosoutras colectivo para entender o sentido e o valor da nosa escr
	itura íntima. Un _film-zine_ feito con todos os nosos diarios.\n\n**Xiana 
	do Teixeiro** é cineasta\, produtora e investigadora. Aborda os seus proxe
	ctos documentais e de cine-ensaio desde unha perspectiva ecofeminista e de
	sde a biofilia. O seu é un cinema posicionado no coidado a todos os niveis
	: desde as relacións que establece co que investiga\, as condicións de ben
	estar do que se convoca a ser filmado\, ata os modos de organizar a produc
	ión e\, mesmo\, a súa posta en circulación. É cofundadora\, xunto a Emilio
	 Fonseca\, de Walkie Talkie Films e de Animalia\, produtora coa que presen
	ta _Crías_\, o seu proxecto máis recente tras _Todas as mulleres que coñez
	o_ (2018).
URL:https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/clubdediaristas
LOCATION:Avenida do Burgo das Nacións<br>\n15705 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
