BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:gcQLbaiqz6-Dfyt7Bv1h7
SUMMARY:FACER APARECER · PUTA MINA · COLECTIVO PUTA MINA E LAAV
DTSTAMP:20260926T020314Z
DTSTART:20261231T103000Z
DESCRIPTION:**FACER APARECER. ENSAIOS COLECTIVOS DUN NOSOUTRAS** \n\n**COLE
	CTIVO TEMPORAL DE ACTUALIZACIÓN | PUTA MINA  | COLECTIVO PUTA MINA E LAAV*
	*\n\nConvocamos mulleres que queiran compartir unha xornada colectiva de e
	xperimentación xunto ao Colectivo Puta Mina\, con Belén Sola e Chus Domíng
	uez desde o LAAV\\_ e con Cristina Turrado\, Áurea González e Raquel Balbu
	ena\, do grupo de mulleres mineiras.\n\nNesta sesión propoñémonos expandir
	 temporalmente as experiencias deste colectivo\, especialmente as das mull
	eres mineiras. Xunto a elas\, gustaríanos abrir o espazo a outras voces\, 
	posicións e lugares de enunciación\, partindo das especificidades e proble
	máticas do noso territorio e das singularidade das vivencias de cada unha 
	das mulleres que nos queiran acompañar.\n\nQueres unirte a este colectivo 
	temporal? [Accede ao formulario de inscrición](https://docs.google.com/for
	ms/d/e/1FAIpQLScbmdyWR0Pr3C5mBFKZgAEY8yagVx_ro6aJD2mBJQl55_QcEA/viewform?u
	sp=header) \\[arbirase á recepción de propostas tras a inauguración da mos
	tra\, o 23 de setembro)\n\nINFORMACIÓN PRÁCTICA\n\n-   De balde\n-   Dirix
	ida a todas as mulleres interesadas\n-   Para asistir é necesario cumprime
	ntar o formulario de inscrición \n-   25 prazas. A inscrición pecharase ca
	ndo se cubran as prazas. Esta actividade ten límite de capacidade\n\n_►_Sá
	bado 17 de outubro\n\n»10.30 h - Benvida\n\n»11.00 h –12.00 h - Visionado 
	en grupo de Puta Mina\n\n»12.00 h – 13.30 h  - Conversatorio baixo a propo
	sta do Colectivo Puta Mina\n\n»15.30 h – 17.00 h - Café e peche\n\n**Puta 
	Mina** iníciase cando catro mineiros se encerran no Pozo Aurelio de Santa 
	Lucía\, na conca de Ciñera-Gordón\, en León\, esixindo un peche ordenado a
	nte o desmantelamento dun sector produtivo con 130 anos de vixencia. O pro
	xecto chega a esta problemática a través dunha colaboradora que coñece os 
	mineiros encerrados. A aproxímación á situación ocorre de maneira aberta e
	 sen saber de antemán que aquela urxencia derivaría nun proxecto de longa 
	implicación O que nun primeiro momento semellaba conducir cara a un relato
	 de resistencia\, co foco posto nos mineiros baixo terra\, convértese nun 
	proceso de acompañamento á autonarración íntima e colectiva dun grupo de m
	ulleres da conca. Son elas as que\, ante esta situación de crise\, deciden
	 tomar a palabra para explorar como senten e sosteñen a vida arredor do ca
	rbón. Será o LAAV\\_ quen se encargará de habilitar as condicións para que
	 iso poda acontecer. As voces das mulleres mineiras\, arraigadas nas súas 
	propias sensibilidades\, e superpostas ás imaxes da mina\, irán tomando pr
	esenza ante elas mesmas e ante o resto da comunidade\, nun mundo no que\, 
	en realidade\, sempre estiveron.\n\n**O LAAV\\_ (Laboratorio de Antropolox
	ía Audiovisual Experimental)** é un espazo para a investigación e a creaci
	ón con comunidades e colectivos. Naceu en 2012 no DEAC MUSAC (Departamento
	 de Educación y Acción Cultural del Museo de Arte Contemporáneo de Castill
	a y León) a partir de La rara troupe\, un grupo de traballo arredor do mal
	estar psicosocial que emprega a creación audiovisual desde a autorrepresen
	tación e a narración en primeira persoa. Está integrado de xeito estable p
	or Belén Sola e Chus Domínguez: Chus desde o audiovisual e o documental\, 
	Belén desde a mediación e xestión cultural. A proposta combina as discipli
	nas artísticas e científicas desde unha perspectiva experimental e crítica
	\, explorando as prácticas colaborativas\, as pedagoxías críticas e a antr
	opoloxía cultural e visual.
URL:https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/putamina
LOCATION:Avenida do Burgo das Nacións<br>\n15705 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
