TRIPLETTE
LABÚ E CRIS CLOWN
Idade recomendada:a partir de 6 anos
Duración: 45 min
Lingua: sen texto, espectáculo visual
A Tropa C no patio de butacas
Triplette é un brinde á vida de 3 pallasos que flotan no baleiro poético do absurdo.
É un banquete imaxinado, un menú de risas e poesía, unha degustación de rarezas que espertan os soños durmidos. Un mundo onde o estraño e o fermoso se funden nunha aperta.
Unha proposta visual e evocadora que conecta con públicos de todas as idades. Versátil e adaptable a calquera espazo, con bancadas propias que garanten unha experiencia próxima e única. Para deixarse levar pola beleza da nada.
[Fotografía: Arian Botey]
logos_circo_a_escena_2026.png
