TÁ

ESCENA MIRIÑAQUE

Idade recomendada: a partir de 2 anos

Duración: 45 min 
Lingua: castelán

A Tropa C no patio de butacas

tÁ é unha obra de danza-teatro na que o realismo máxico cobra vida nun bosque onde o irreal ou estraño se naturaliza como algo cotián. As súas dúas personaxes, peculiares, divertidos e sensibles, desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo, convidarase as nenas e os nenos a internarse no bosque dun xeito moi especial... Bailando.

É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeas co fin de poñer en valor non só o que se di, senón tamén o que se transmite. As nosas palabras e movementos, cheos de variacións, dinámicas, vibracións e matices, introdúcennos nun mundo cheo de emocións.


[Fotografía: Raquel Sánchez]

logos_danza_a_escena.png