BMSC·BREVE HISTORIA DA MÚSICA CLÁSICA

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Casiano Mouriño Maquieira, dirección musical

Fran Rei e Félix Rodríguez, dirección escénica, interpretación e arranxos

(MÚSICA)

15 E 16 OUTUBRO 10.00 H E 12.00 H

SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: 3º a 6º Primaria

Duración: 60 min

Lingua: galego

Pódese resumir a historia da música clásica, desde o século XV ata a actualidade, en sesenta minutos? Fran Rei e Félix Rodríguez vano intentar.

En Breve Historia da Música Clásica, os nosos dous protagonistas explican e interpretan, dun xeito ameno, sinxelo e moi divertido, a evolución da música culta desde a época barroca ata os nosos tempos. Un magnífico exemplo de que hai outras formas de gozar coa música.

Temos aquí un elaborado e á vez sintético canon musical, con descrición de épocas, estilos, compositores, compositoras e obras. Pero todo iso cunha visión cómica e para toda a familia, que serve para achegarnos aínda máis a músicos e composicións.

Que é a escala temperada? Cando e por que se inventou a barra de compás? Onde se estreou a primeira ópera? Por que o público se levanta ao escoitar o famoso Hallelujah de Händel? Que compositoras son as máis destacadas? Sabes que coñeces moitas máis pezas clásicas das que ti cres? Toda a música xurdiu en Europa? Estas e moitas outras máis son as preguntas que Fran Rei e Félix Rodríguez tentarán resolver nesta montaxe nun máximo de sesenta minutos.

Todas as funcións de «BMSC·BREVE HISTORIA DA MÚSICA CLÁSICA»