EVARISTO CALVO

“A VER QUE PASA” é un espectáculo unipersonal escrito e interpretado polo actor Evaristo Calvo (Mofa&Befa).Con carácteristicas propias do stand up, o monólgo ou o cabaret literario ten unha pretensión claramente cómica. Nel vemos a un intérprete teimudo e deshinibido que desenvolve una progresión que vai do stand up mais convencional ata a narración oral pasando pola poesía paródica. No transcurso do espectáculo veremos como o seu protagonista renega do nome de monólogo exemplificando o que para el, viría sendo un auténtico monólogo dramático, defenderá o uso de termos procedentes do inglés para estar cos tempos e dar “categoria” aos conceptos aos que se refiren (mello Paco·s Barber Shop que Barbería Paco, por exemplo), dará a coñecer parte dunha obra poética absolutamente delirante e, como guinda do pastel, lanzaráse á piscina dos conta contos cun relato protagonizado por un camioneiro arroutado e pragado de digresións hilarantes.O espectáculo pretende divertir ao público facendo gala dun humor intelixente pero comprensible para calquera tipo de espectadores.

Mércores 30 de setembro 2026

Sala Capitol

iCal Google Calendar Microsoft 360