BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:qjUVo8lX4MywfOnPlIE61
SUMMARY:RFG · NOSTALXIA
DTSTAMP:20260811T020419Z
DTSTART:20261231T200000Z
DESCRIPTION:**TEMPADA «MEMORIA»** \n\n**REAL FILHARMONÍA DE GALICIA**\n\nCé
	sar Ramos\, director\n\nCoa participación do estudantado da EAEM\n\n**PROG
	RAMA**\n\nHeitor Villa-Lobos: _Bachiana brasileira núm. 9_  \nMaurice Rave
	l: _Le tombeau de Couperin_  \nDarius Milhaud: _Le boeuf sur le toit_  \nH
	enri Duparc: _Aux Étoiles (Poème nocturne)_  \nGeorges Bizet: _Sinfonía en
	 Do_ \n\nAs conexións musicais entre Brasil e Francia trazan o fío deste p
	rograma dirixido polo mestre cubano César Ramos\, novo director asistente 
	da Real Filharmonía de Galicia. O concerto ábrese coa _Bachiana brasileira
	 núm. 9_ de Heitor Villa-Lobos\, na que o compositor carioca funde o espír
	ito popular co contrapunto de Bach nunha das sínteses máis orixinais do sé
	culo XX. Maurice Ravel volveu tamén a mirada cara ao pasado en _Le Tombeau
	 de Couperin\,_ homenaxe á elegancia do barroco francés escrita baixo a pe
	gada da Gran Guerra. Neses mesmos anos\, Darius Milhaud descubría en Río d
	e Janeiro unha fonte de inspiración na música popular: _Le boeuf sur le to
	it_ reúne distintas formas musicais brasileiras nun exuberante rondó cheo 
	de vitalidade. O programa continúa con _Aux Étoiles_\, de Duparc\, delicad
	o poema sinfónico salvado da destrución á que o compositor condenou boa pa
	rte da súa obra. Pecha o concerto a _Sinfonía en Do_ de Georges Bizet. Esc
	rita cando o compositor contaba apenas dezasete anos\, revela unha madurez
	 sorprendente\, especialmente no Andante\, marcado polo lirismo do óboe.\n
	\n---\n\nÁs 19.15 horas\, _Conversando con..._ César Ramos na Sala Mozart
URL:https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/nostalxia
LOCATION:Avenida do Burgo das Nacións<br>\n15705 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT90M
END:VEVENT
END:VCALENDAR
