BLUES DE MEDIANOITE · SESIÓN DJ AS MULLERES DO BLUES
- Teatro
- 70 minutos
FESTIVAL C
ARTES ESCÉNICAS · DANZA · MÚSICA
BLUES DE MEDIADOITE
Laboratorio Escénico
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.
Adéntranos nas imaxes que este xénero nos ofrece: o tren, o cruce de camiños, o clube, a noite... Pon en valor ás grandes damas do blues, con anécdotas das súas vidas e das súas carreiras, non sempre fáciles, exemplos de valor e amor pola música.
SESIÓN DJ «AS MULLERES DO BLUES»
Jass Processor
Enmarcada dentro da proposta de Alba Fernández, co seu Blues de Medianoite, Jas Processor ofrece, como unha liña máis de ferrocarril neste percorrido da historia, unha sesión de DJ centrada nas mulleres artistas e cantantes que deron e dan vida ó Blues. A música e a mensaxe do Blues, nesta sesión, verase enriquecida coas voces e a sensibilidade de mulleres menos visibles ata o de agora.