HENGE + Oh! Gunquit

Abono 5 día Sala Capitol:59€ (+gx) para os 70 primeiros65€ (+gx) para o resto Entradas concertos Sala Capitol:24€ (+gx) en venda anticipada28€ na billeteira da sala Entradas físicas:A Reixa-Matrioska HENGE«Atención, humanos! Non somos deste mundo. Traémosvos música de planetas distantes para que finalmente a vosa especie poida poñer fin á guerra e establecer novos fogares no espazo». Deste singular xeito presétanse HENGE. Pero a música escapa a toda definición. Ocupa un espazo entre a rave e o rock progresivo que ninguén sabía que existía. É enérxica, subversiva e revigorantemente lúdica, chegando con alegría onde ninguén chegou antes.Henge chegan ao Outono Códax para presentar Journey to Voltus B (2025), un disco que presentaron nun singular formato de vinilo de dobre ranura que ofrece dous posibles finais, dependendo de onde aterre a agulla. Cunha estética futurista e un directo envolvente, transportan ao público a un universo sonoro único, onde a música, a enerxía e a imaxinación únense a mensaxes de esperanza que deixa ao público sentíndose divertido e animado a partes iguais. Oh! GunquitEste quinteto con sede en Londres pero de formación cosmopolita creouse ao redor da idea de combinar unha nova visión do psych-surf, garage-punk e exotica & rocknroll.Mesturando a The Cramps con The B-52’s pero achegándolle o seu propio selo, nos seus discos soan como unha banda sonora de películas de serie B, de aventuras ou roadmovies. E en directo mesturan berros, ventos, guitarras como serras, timbales e divertido exótico R&R. Son como unha refrescante festa non-stop, un crisol de tolemia vudú rockandroleira pura e sen adulterar. outonocodaxfestival.com

Venres 13 de novembro 2026

Sala Capitol

iCal Google Calendar Microsoft 360