BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:c6noO_AbTj6TARfk4H6H_
SUMMARY:Club de lectura do Festival Ateneo Barroco 2026
DTSTAMP:20260926T020314Z
DTSTART:20261231T180000Z
DESCRIPTION:Na súa sexta edición\, o Festival Ateneo Barroco achegaba unha 
	nova actividade\, o seu Club de Lectura. Festival de música con vocación d
	e transversalidade dende diversas formas de manifestación das artes (cinem
	atográfica\, plástica\, literaria\, etc.) e de abordaxe do vasto e riquísi
	mo mundo da música antiga e barroca dende unha nova perspectiva de achegam
	ento cada ano\, o festival creaba unha actividade directamente relacionada
	 coa literatura. Na súa busca constante por ofrecer puntos de vista e de r
	eflexión\, de afondamento e descubrimento\, das músicas antigas e barrocas
	\, a das letras era unha materia pendente do festival. Animados pola respo
	sta e acollida nas convocatorias de 2024 e 2025\, polo interese espertado 
	e polo enriquecedor da experiencia de compartir lectura e música\, propoñe
	mos a terceira edición deste Club de Lectura do Ateneo Barroco\, que ten e
	ntre os seus obxectivos\, ao tempo que amplifica a multidisciplinaridade d
	o festival e fomenta a lectura\, a creación dun espazo de intercambio de i
	deas e diálogo entre o público do mesmo. \n\nPara gozar dese momento de in
	trospección\, inspiración\, goce esencial e auténtico que nos ofrece a lec
	tura e no marco dunha edición 2026 que titulamos “Instrumental” e na que e
	n cada concerto un ou dous instrumentos adquiren unha presenza especial\, 
	no Club de Lectura serán o clave e a voz os instrumentos que reclaman prot
	agonismo a través de dúas novelas de diferentes estilos e xéneros\; dúas n
	arracións que comparten unha inspiración musical e o rigor na documentació
	n e investigación\, xunto a boas doses de creatividade\, nas mans dos seus
	 autores\, Hélène Gestern e Jesús Ruiz Mantilla.\n\nAs sesións do Club de 
	lectura serán moderadas por Carlos Valdés (filólogo\, editor\, ilustrador\
	, tradutor e codirector e fundador da editorial Irmás Cartoné) na mesma se
	de do Ateneo na Praza de Salvador Parga (_Yo\, Farinelli\, el capón_\, xov
	es 8 de outubro) e por Olaia Tubío e María Villamarín (xornalistas e libre
	iras de Numax) o xoves 15 de outubro en Numax (_555_)\, nunha sesión que c
	onfirma a interesante colaboración que manteñen Numax Cinema e Libraría e 
	o Festival Ateneo Barroco\, dende a edición de 2024 do festival.\n\nA entr
	ada para as sesións do Club de Lectura do Ateneo Barroco 2026 é gratuíta\,
	 previa inscrición. As prazas son limitadas e os participantes poden apunt
	arse no correo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal\, podendo os intere
	sados inscribirse para unha das dúas sesións de forma independente ou nas 
	dúas até completar as prazas dispoñibles.\n\nOs participantes comprométens
	e a conseguir os libros pola súa conta\, tendo a posibilidade de adquirilo
	s cun 5% de desconto na Libraría Numax (Rúa Concepción Arenal\, 9).\n\n**J
	ESÚS RUIZ MANTILLA**  \n_**YO\, FARINELLI\, EL CAPÓN**_  \nGalaxia Gutenbe
	rg 2017  \nsesión moderada por **CARLOS VALDÉS**  \n**Ateneo de Santiago**
	 (Praza de Salvador Parga\, 4 - 2º)  \nSantiago de Compostela  \n**xoves 8
	 outubro** 2026  \n18.00  \nA voz como instrumento tivo probablemente o se
	u momento máis particular\, estraño e afastado á nosa forma de pensar actu
	al na época dos _castrati_\, dos castrados ou capóns. O _castrato_ máis fa
	moso do seu tempo (tamén o máis coñecido actualmente) foi Farinelli\, quen
	 viviu en Madrid vinculado á corte española durante dúas décadas tras ser 
	chamado por Isabel de Farnesio para curar co seu canto a depresión de Feli
	pe V. En _Yo\, Farinelli\, el capón_(Galaxia Gutenberg\, 2017) o escritor 
	e xornalista cántabro Jesús Ruiz Mantilla dá voz a Carlo Broschi “Farinell
	i” nunha informada\, imaxinativa e orixinal narración en forma de memorias
	 e en primeira persoa na que o célebre castrado comparte co lector a súa v
	ida\, os seus amores e a súa carreira. Farinelli redacta estas “memorias” 
	no seu retiro en Bologna en 1780\, aos 75 anos de idade\, a través da docu
	mentada man de Jesús Ruiz Mantilla. Ademais de repasar a carreira de Farin
	elli\, fascinando e conquistando toda Europa\, a novela propón unha enriqu
	ecedora recreación da Europa do Barroco\, achegando as reviravoltas dos te
	atros e das cortes\, da música e da ópera do século XVIII... Riccardo Bros
	chi (o seu irmán)\, Porpora (o seu mestre)\, Haendel\, Metastasio\, Casano
	va\, Mozart\, Gluck\, Felipe V\, Isabel de Farnesio\, Scarlatti\, Barbara 
	de Braganza\, Luis XV e Carlos VI son algúns dos personaxes históricos que
	 aparecen na novela segundo o particular punto de vista de Farinelli.\n\n*
	*HÉLÈNE GESTERN**  \n_**555**_  \nErrata Naturae 2023  \nsesión moderada p
	or **OLAIA TUBIO / MARÍA VILLAMARÍN**  \n**Numax Libraría** (rúa Concepció
	n Arenal\, 9)  \nSantiago de Compostela  \n**xoves 15 outubro** 2026  \n18
	.00  \nO clavecín\, instrumento capital no Barroco musical\, e Domenico Sc
	arlatti\, un dos compositores máis innovadores da música para teclado da h
	istoria\, son o punto de partida da trama imaxinada pola francesa Hélène G
	estern na súa última novela. O título _555_ fai referencia ao número de so
	natas para clave coñecidas e catalogadas de Domenico Scarlatti\, a súa obr
	a mestra de madurez e un tesouro musical de legado imborrable na historia 
	da música. En _555_ (Errata Naturae\, 2023). Hélène Gestern harmoniza músi
	ca e misterio arredor dun manuscrito que podería ser unha nova sonata perd
	ida de Scarlatti nunha narración conducida dende o punto de vista de cinco
	 (máis un) personaxes de ficción: a clavecinista Manig Terzian\, o ebanist
	a Grégoire Coblence\, o lutier Giancarlo Albizon\, o coleccionista Joris d
	e Jonghe e o musicólogo Rodolphe Luzin-Farge.\n\n**CLUB DE LECTURA DO FEST
	IVAL ATENEO BARROCO 2026**\n\nprazas limitadas  \ninscrición (independente
	 para cada unha das sesión do Club de lectura): ateneo@ateneodesantiago.ga
	l\n\nlibros dispoñibles co 5% de desconto en Numax Libraría (rúa Concepció
	n Arenal\, 9)\n\n![](https://ateneodesantiago.gal/storage/attachments/cola
	boradores-6a34280e1c222.jpeg)
LOCATION:Praza de Salvador Parga\, 4\, 2º<br>\n15704 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
