BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:s_MrAMTL8NcEQtqD38ejM
SUMMARY:IN DULCI JUBILO. Bach\, a ineludible recreación (ACCADEMIA DEL PIAC
	ERE)
DTSTAMP:20260926T020313Z
DTSTART:20261231T200000Z
DESCRIPTION:_\\# concerto 6 # violas da gamba # quintón #_\n\n_**IN DULCI J
	UBILO**_  \n_**Bach\, a ineludible recreación**_\n\n**ACCADEMIA DEL PIACER
	E**  \n**FAHMI ALQHAI**\n\nJOHANNA ROSE  _viola da gamba tenor_  \nRODNEY 
	PRADA  _viola da gamba baixo_  \nRAMI ALQHAI  _viola da gamba baixo_  \nJA
	VIER NÚÑEZ  _órgano_  \nFAHMI ALQHAI  _quintón / dirección_\n\n_Johann Seb
	astian Bach / Johann Michael Bach_\n\n**Salón Teatro**  \nSantiago de Comp
	ostela  \n**martes 20 outubro** 2026  \n20.00\n\nPara os músicos de igrexa
	 alemáns\, e particularmente para os organistas\, improvisar e compoñer ar
	ranxos sobre as coñecidas e sinxelas melodías dos corais da tradición refo
	rmista luterana formou sempre parte do seu traballo diario\, e é por iso q
	ue Johann Sebastian Bach nos deixou centos de exemplos\, escritos ao longo
	 de toda a súa vida. Abonda dicir que Bach experimentou todas as formas po
	sibles de embelecer esas melodías\, familiares para os fieis alemáns\, fac
	endo uso da súa extrema habilidade para o contrapunto. A proposta de Accad
	emia del Piacere proporciónanos a oportunidade de escoitar exemplos de cad
	a procedemento utilizado por Bach: dende a simple ou ornamentada harmoniza
	ción da melodía na voz aguda até a demostración da súa mestría insuperable
	 da arte do contrapunto\, engadindo contramelodías e edificando verdadeira
	s fantasías.  \nBach readaptou en decenas de ocasións unha mesma versión d
	un coral\, xa fose para órgano\, para coro ou para instrumentos. As súas r
	educións para órgano reflicten un pensamento melódico de voces independent
	es\, cantables\, esencialmente vocais\, aínda que interpretadas por instru
	mentos. Accademia del Piacere propón recuperar esa vocalidade instrumental
	 de liñas independentes\, verdadeiro núcleo destas obras\, cun cuarteto du
	n dos instrumentos máis dotados para o ideal de imitación da voz humana\, 
	a viola da gamba\, tan querido e usado polo mesmo Bach e tan capaz de pron
	unciar palabras sen dicir palabras dende un sinxelo xesto de arco.  \nBaix
	o a dirección artística do violagambista Fahmi Alqhai\, Accademia del Piac
	ere é un dos conxuntos de música antiga máis salientables de Europa. Recoñ
	ecido pola audacia dos seus proxectos innovadores\, a súa excelencia inter
	pretativa e a súa poderosa presenza escénica\, o grupo sitúase á vangarda 
	dunha interpretación historicamente informada pero profundamente emocional
	. A súa concepción da música antiga como unha arte viva\, expresiva\, apai
	xonada e actual\, convérteo nun referente na comunicación directa e vibran
	te co público. Galardoada con prestixiosos premios internacionais\, Accade
	mia de Piacere ten actuado en boa parte dos escenarios e festivais máis im
	portantes do mundo.\n\nPROGRAMA\n\n**Johann Sebastian Bach** (1685-1750)\n
	\nCoral Nun komm\, der Heiden Heiland BWV 659\n\nCoral Liebster Jesu\, wir
	 sind hier BWV 731\n\nCoral In dir ist Freude BWV 615\n\nCoral In dulci ju
	bilo BWV 368\n\nCoral In dulci jubilo BWV 751  \n(Johann Michael Bach\, 16
	48-1694\; antes atribuido a J. S. Bach)\n\nContrapunctus I & Canon per aug
	mentationem in contrario motu\, de _A Arte da Fuga BWV 1080_  \nPreludio B
	WV 700  \nFughetta BWV 701  \nCanone alla Settima (Variation III)\, de _Va
	riacións Canónicas BWV 769_  \nMovemento do _Magnificat BWV 243a_  \n(todo
	s sobre o coral _Vom Himmel hoch\, da komm’ ich her_)\n\nCoral Ich ruf’ zu
	 dir\, Herr Jesu Christ BWV 639\n\nContrapunctus VIII & Contrapunctus IV\,
	 de _A Arte da Fuga BWV 1080_\n\nTrío en sol menor BWV 584\n\nCoral Wachet
	 auf\, ruft uns die Stimme BWV 645\n\n                              _arran
	xos: Fahmi Alqhai_\n\n**ACCADEMIA DEL PIACERE**  \n A valentía dos seus in
	novadores proxectos e a forte personalidade artística do seu director fixe
	ron de Accademia del Piacere o grupo de vangarda da música antiga española
	 e un dos punteiros en Europa\, grazas á súa concepción da música históric
	a como algo vivo\, cheo de emocións que os seus músicos interiorizan como 
	propias e transmiten ao espectador.  \nDende os seus comezos en 2002 Accad
	emia del Piacere afondou e revelou novos matices en repertorios fundamenta
	is das músicas históricas\, como o _Seicento_ italiano\, ao que dedicou os
	 seus discos _Le Lacrime di Eros_ (Premio Prelude Classical Music 2009) e 
	_Amori di Marte_\, centrado no _Combattimento di Tancredi e Clorinda_ de M
	onteverdi (Disco Excepcional Scherzo 2011 e CD Tipp en Toccata Magazine\, 
	Alemania)\, ou a música de cámara francesa da corte do Rei Sol\, rexistrad
	a en _Les violes du Ciel et de l’Enfer_ (nomeado ao premio da crítica euro
	pea International Classical Music Awards 2011). En todos eles a crítica sa
	lientou o fascinante e directo poder de comunicación cara ao público de Ac
	cademia del Piacere.  \nEn 2011 Accademia del Piacere convulsionou o mundo
	 da música histórica con _Las Idas y las Vueltas_\, unha incursión polo mu
	ndo do flamenco e as súas conexións coa música barroca realizada en colabo
	ración co cantaor Arcángel\, que lle valeu o Giraldillo á Mellor Música da
	 Bienal de Flamenco de Sevilla 2012 e un grande éxito discográfico a nivel
	 europeo como cuarto compacto do selo fundado por Fahmi e Rami\, Alqhai & 
	Alqhai.  \nIgualmente valente é o seu seguinte proxecto discográfico\, que
	 revive o apaixonante mundo da improvisación na España arredor de 1600: _R
	ediscovering Spain_ (2013)\, onde de novo Fahmi Alqhai e Accademia del Pia
	cere arriscan e ofrecen novas glosas ao público de hoxe. Entre os seus pro
	xectos posteriores cóntanse os dous primeiros compactos a só de Fahmi Alqh
	ai\, _A piacere_ (para Gramophone\, un CD «extraordinario» que «leva a vio
	la da gamba a un novo terreo de gozoso potencial»)\, e _The Bach Album_ (C
	D Excepcional para _Scherzo_ e Melómano de Oro). Consecutivamente en 2016 
	e 2017 Accademia recibe o premio GEMA ao Mellor Grupo Barroco español. En 
	2016 Fahmi Alqhai e Accademia del Piacere repiten Giraldillo da Bienal\, e
	sta vez á Innovación\, con _Diálogos_\, xunto a Rocío Márquez\, proxecto l
	evado ao disco en 2019 (Premio Melómano de Oro). Ese mesmo ano lanzan para
	 Deutsche Harmonia Mundi _Muera Cupido_\, dedicado á música vocal da Españ
	a barroca\, xunto á soprano Nuria Rial e premiado en 2020 como mellor reci
	tal de ópera pola industria discográfica alemá (Premio Opus Klassik). En 2
	022 dedican _Colombina_ ao manuscrito sevillano homónimo do século XV.  \n
	O recoñecemento a nivel español e europeo valeulles a Fahmi Alqhai e Accad
	emia del Piacere a súa presenza nos escenarios máis prestixiosos da música
	 clásica europea e mundial: entre outros moitos\, visitaron as Filharmónic
	as de Berlín\, Hamburgo e Colonia\, os Konzerthaus de Berlín e de Viena\, 
	o Oji Hall de Tokio\, o Auditorio Nacional de Madrid\, o Festival Internac
	ional Cervantino de México\, a Fundação Gulbenkian de Lisboa ou o Festival
	 de Música Antiga de Utrecht\, ademais doutros moitos festivais e salas de
	 Estados Unidos\, Colombia\, Xapón\, Panamá\, Holanda\, Alemaña\, Bélxica\
	, Suíza\, España\, Dubai\, etc. Os concertos de Fahmi Alqhai e Accademia d
	el Piacere son regularmente emitidos en directo pola Unión Europea de Radi
	odifusión dende as súas emisoras asociadas\, como RNE\, NDR de Alemaña\, R
	adio della Svizzera Italiana ou a Radio Checa\, e foron transmitidos por e
	misoras de televisión de todo o mundo\, dende TVE á xaponesa NHK.  \nAccad
	emia del Piacere recibe o apoio do INAEM e da Agencia Andaluza de Instituc
	iones Culturales.\n\n**FAHMI ALQHAI**  \nFahmi Alqhai é recoñecido como un
	 dos máis brillantes e prestixiosos intérpretes de viola da gamba do mundo
	\, así como un dos principais referentes da música antiga na actualidade. 
	Admirado polo seu enfoque expresivo e comunicativo dos repertorios históri
	cos\, tende pontes entre culturas a través da súa arte e a súa visión musi
	cal.  \nNado en Sevilla en 1976\, de pai sirio e nai palestina\, pasou a s
	úa primeira infancia en Siria\, onde comezou os seus estudos musicais. Fah
	mi Alqhai encarna un diálogo entre os mundos do Mediterráneo. É director a
	rtístico de FeMAS (Festival de Música Antiga de Sevilla)\, o máis antigo e
	 importante de España no seu xénero\, e dirixe o internacionalmente aclama
	do conxunto Accademia del Piacere. Con Accademia del Piacere ten actuado n
	os principais escenarios de Europa\, América e Asia e recibido numerosos p
	remios internacionais: o álbum _Muera Cupido_ gañou o Opus Klassik Award 2
	020\; _Les Violes du Ciel et de l’Enfer_ foi nominado aos ICMA\; _Colombin
	a_ (2024) obtivo tres Premios GEMA e _Le Lacrime di Eros_ recibiu o Prelud
	e Classical Music Award.  \nAs súas colaboracións con artistas flamencos s
	on especialmente innovadoras: _Las idas y las vueltas_\, xunto a Arcángel\
	, obtivo o Giraldillo ao Mellor Acompañamento Musical na Bienal de Flamenc
	o de Sevilla 2012 e _Diálogos_\, con Rocío Márquez\, recibiu o Giraldillo 
	á Innovación en 2016. Os seus discos en solitario\, _A piacere_ (2014) e _
	The Bach Album_ (2016)\, consolidaron aínda máis a súa reputación como int
	érprete visionario\, recibindo ambos múltiples premios de GEMA\, _Scherzo_
	 e _Melómano_. En 2018 foi distinguido coa Medalla da Cidade de Sevilla.  
	\nDende novo\, Fahmi Alqhai ten colaborado regularmente cos conxuntos inte
	rnacionais máis prestixiosos de música antiga\, como Hespèrion XXI (Jordi 
	Savall) e Il Suonar Parlante (Vittorio Ghielmi)\, e ten actuado como solis
	ta con importantes orquestras\, entre elas a Orquesta Nacional de España\,
	 o Ensemble Vocal de Lausanne (Michael Corboz) e a Orquesta Barroca de Sev
	illa. A súa curiosidade artística esténdese máis alá da música antiga\, pa
	rticipando tamén en proxectos contemporáneos e de jazz xunto a músicos com
	o Uri Caine.  \nFahmi Alqhai gravou para selos como Deutsche Harmonia Mund
	i\, Alia Vox\, Glossa\, Winter & Winter e o seu selo persoal Alqhai & Alqh
	ai e aparece con frecuencia en programas de televisión e radio de todo o m
	undo. Estudou con Ventura Rico en Sevilla e posteriormente con Paolo Pando
	lfo na Schola Cantorum Basiliensis e con Vittorio Ghielmi no Conservatorio
	 della Svizzera Italiana de Lugano. Paralelamente á súa formación musical\
	, obtivo o título de Odontoloxía pola Universidade de Sevilla.\n\n_**IN DU
	LCI JUBILO**_  \nA musicofilia de Martín Lutero é un dos sucesos máis afor
	tunados da historia da música occidental. Grazas a ela\, a igrexa reformad
	a situou no centro da súa renovada liturxia os corais: un gran corpus de m
	elodías sinxelas e de fácil aprendizaxe para o pobo\, naturalmente con tex
	to xa en alemán. Algunhas delas foron compostas _ex novo_ durante o século
	 XVI –incluso de man do propio Lutero–\, pero a maioría foron tomadas de v
	ellos cantos\, e en particular dos latinos do gregoriano aos que substituí
	an\, como por exemplo _Nun komm’ der Heiden Heiland_\, procedente dun himn
	o ambrosiano\; houbo tamén reciclaxe de cancións profanas\, caso o alegre 
	_In dir ist Freude_.  \nPara os músicos de igrexa alemáns\, e particularme
	nte para os organistas\, improvisar e compoñer arranxos sobre esas melodía
	s formou sempre parte do seu traballo diario e é por iso que Johann Sebast
	ian Bach nos deixou centos de exemplos\, escritos dende o inicio da súa ca
	rreira profesional até\, literalmente\, o seu mesmo leito de morte. Lonxe 
	de ser unha pesada obriga\, a familiaridade (aínda hoxe!) dos fieis alemán
	s con estas melodías facilita ao músico litúrxico un magnífico punto de pa
	rtida para\, ao reelaborar ese material\, garantir a encantadora combinaci
	ón de novidade e evocación do coñecido que é fórmula infalible para compra
	cer ao bo ouvinte.  \nAbonda dicir que Bach experimentou todas as formas p
	osibles de embelecer esas melodías\, facendo uso da súa extrema habilidade
	 para o contrapunto. A proposta de Accademia del Piacere proporciónanos a 
	oportunidade de escoitar exemplos de cada procedemento. Así\, en _In dulci
	 jubilo_ (BWV 368) Bach realiza una sinxela harmonización co coral na voz 
	máis aguda\, das que aínda hoxe utilizan como exemplo de libro os profesor
	es de harmonía dos conservatorios. En _Liebster Jesu\, wir sind hier_ (BWV
	 731) a melodía\, sempre na voz aguda\, é ornamentada de maneira suntuosa 
	até quedar marabillosamente irrecoñecible entre trilos\, mordentes\, apoia
	turas e grupetos.  \nPero onde Bach amosaba a súa mestría insuperable era 
	na arte do contrapunto\, isto é\, engadir elaboradas contramelodías ao sin
	xelo coral\, que queda daquela como _cantus firmus_: unha lenta base de no
	tas longas sobre a que se constrúe unha verdadeira fantasía. O _In dulci j
	ubilo_ do seu tío e sogro Johann Michael (antes atribuído a Johann Sebasti
	an co número de catálogo 751) puido servirlle como exemplo –superado\, com
	o sempre– para _Ich ruf’ zu dir\, Herr Jesu Christ_ (BWV 639). O caso máis
	 sofisticado de elaboración dun coral en Bach constitúeno\, sen dúbida\, a
	s _Variacións canónicas sobre Von Himmel hoch_ (BWV 769)\, que\, non en va
	n\, o propio Bach publicou en vida\, privilexio excepcional que reservou a
	 moi poucas obras. Escritas para o seu ingreso nunha exclusiva academia ci
	entífico-musical\, a do ilustrado Mizler\, Bach viste o sinxelo coral con 
	cinco sucesivas roupaxes: canons á oitava\, á quinta\, á sétima\, por aume
	ntación e\, finalmente\, por inversión\; é dicir\, autoimitacións diversas
	 e estritas da melodía orixinal\, que Bach\, ademais\, embelece con voces 
	engadidas para demostrar un virtuosismo técnico na escritura musical que n
	unca estivo ao alcance\, digámolo sen ambaxes\, de ninguén máis na histori
	a.  \nMoito máis famoso\, con todo –e por certo tamén publicado en vida de
	 Bach\, este entre os _Corais Schübler_– é o _Wachet auf\, ruft uns die St
	imme_ (BWV 645). Versión para órgano dunha fantasía orixinalmente escrita 
	para coro e orquestra na cantata BWV 140 (na que o coral é cantado polos t
	enores coa estrofa _Zion hört die Wächter singen_)\, demóstranos que as re
	ducións organísticas de Bach reflicten un pensamento melódico de voces ind
	ependentes\, cantables\, esencialmente vocais aínda que interpretadas por 
	instrumentos. O propio Bach readaptou en decenas de ocasións unha mesma ve
	rsión dun coral agora para órgano\, despois para coro ou para instrumentos
	. Nada mellor\, pois\, para recuperar esa vocalidade instrumental de liñas
	 independentes\, verdadeiro núcleo destas obras\, que o cuarteto dun dos i
	nstrumentos máis dotados para o ideal de imitación da voz humana\, a viola
	 da gamba\, tan querido e usado polo mesmo Bach e tan capaz de pronunciar 
	palabras sen dicir palabras dende un sinxelo xesto de arco.  \n           
	            Juan Ramón Lara\n\n![](https://ateneodesantiago.gal/storage/at
	tachments/colaboradores-6a342457238a2.jpeg)
LOCATION:Praza de Salvador Parga\, 4\, 2º<br>\n15704 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
