BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:xYGK1CXyrz2JZ36q5O1bp
SUMMARY:CHOREA SECUNDUM GALLIAM. Música cortesá francesa do XVIII (XURXO RO
	MANÍ / ANNA CASADEMUNT)
DTSTAMP:20260926T020313Z
DTSTART:20261231T200000Z
DESCRIPTION:_\\# concerto 4 # violas de roda #_\n\n_**CHOREA SECUNDUM GALLI
	AM**_  \n_**música cortesá francesa do XVIII**_\n\n**ARC & VOLTA**  \n**XU
	RXO ROMANÍ**  _violas de roda_  \n**ANNA CASADEMUNT**  _violas de gamba_\n
	\n_Philibert Delavigne / Joseph Bodin de Boismortier / Michel Pignolet de 
	Montéclair / Nicholas Chédeville / Jean-Baptiste Anet_\n\n**Salón Teatro**
	  \nSantiago de Compostela  \n**martes 13 outubro** 2026  \n20.00\n\nConci
	bido a partir do repertorio francés do século XVIII para viola de roda e v
	iola de gamba e interpretado con criterios históricos\, o programa _Chorea
	 Secundum Galiam_ («danza segundo Francia») de Arc & Volta evoca o espírit
	o galante e pastoral que na corte de Versalles\, coa música e a danza\, bu
	scaba recrear unha Arcadia ideal como símbolo de harmonía\, sinxeleza e fe
	licidade refinada. No século XVIII\, a viola de roda (_vielle à roue_) pa
	sou de ser un instrumento popular asociado aos cegos e ao mundo rural a co
	nverterse tamén nun instrumento de moda entre unha aristocracia que gustab
	a do “pastoral”\, das _fêtes champêtres_ (festas campestres)\, do idílic
	o mundo dos pastores e das ninfas.  \nO compostelán Xurxo Romaní\, músico 
	centrado na música tradicional e a música histórica\, e a gambista Anna Ca
	sademunt presentan no Festival Ateneo Barroco o seu proxecto Arc & Volta c
	un programa de autores franceses pouco coñecidos nos nosos días como Delav
	igne\, Boismortier\, Montéclair\, Anet ou Chédeville que nestas danzas\, s
	onatas e composicións recrean este universo sonoro no que o popular está m
	oi presente e que representa unha parte do gusto musical francés. O diálog
	o entre a viola de roda e a viola de gamba recrea e reinterpreta este repe
	rtorio como un encontro entre a rusticidade idealizada e a nobreza refinad
	a\, invitando a revivir o encanto daquela Arcadia feliz que a música en Ve
	rsalles aspirou a reproducir.\n\nPROGRAMA\n\n**Philibert Delavigne** (c.17
	00-1750)  \n**Les fleurs**  \nL’oieillet  \nLes giroflées  \nLa rose  \nL’
	iris  \nLes pensées  \nLes marguerites  \nLe jasmin  \nLa violette\n\n**Ph
	ilibert Delavigne** (c.1700-1750)  \n**Sonata La d’Acut**  \nGracieusement
	  \nLégérement  \nGavotte-Gigue\n\n**Philibert Delavigne** (c.1700-1750)
	  \n**Sonata La Baussan**  \nGracieusement  \nRondeau  \nTambourin\n\n**Jo
	seph Bodin de Boismortier** (1689-1755): **Vielle**  \n**Michel Pignolet d
	e Montéclair** (1667-1737): **Badines**\n\n**Nicholas Chédeville** (1705-1
	782)  \n**Il Pastor Fido\, Sonata nº 1**  \nModerato  \nAllegro. Tempo di 
	gavotta  \nAffettuoso  \nAllegro  \nGiga\n\n**Jean-Baptiste Anet** (1676-1
	767): **Musette “La colinette”**  \n**Anónimo / Josep Dolcet**:  **Danses 
	en sol menor**  \nGavota  \nBouree  \nBaleto  \nMenuet\n\n**XURXO ROMANÍ**
	  _violas de roda_  \nMúsico centrado na música tradicional e a música his
	tórica nado en Santiago de Compostela\, os seus principais instrumentos so
	n a zanfona ou viola de roda e a cítola. Completou a súa formación teórica
	 e interpretativa na Aula de Música Popular e Tradicional da Generalitat d
	e Cataluña e en cursos de viola de roda con Gilles Chabenat\, Valentin Cla
	strier\, Marc Egea\, Pascal Lefevre\, Nigel Eaton\, Tobie Milller\, Matthi
	as Loibner e Marcello Bono. Así mesmo\, ten asistido a diversos cursos de 
	música antiga (Morella\, Conservatorio Cerverí de Girona\, Besalú\, etc.
	)\, afondando en notación medieval\, instrumentos de corda pulsada\, análi
	se musicolóxica e canto gregoriano. A súa carreira musical desenvólvese in
	icialmente nos grupos Organistrum e Ondina Xana e\, actualmente\, no Ensem
	ble Contratemps e o dúo Arc & Volta. Gravou varios traballos discográficos
	 e\, entre eles\, un disco enteiramente dedicado ao repertorio histórico d
	a cítola titulado _The Medieval Citole_. Como historiador da música e a me
	dicina\, publicou artigos sobre as enfermidades descritas nas Cantigas de 
	Afonso X e na obra de Hildegard von Bingen. Como compositor\, publicou a b
	anda sonora orixinal do documental _Simulating religious violence_\, dirix
	ido por Jenn Lindsay.\n\n**ANNA CASADEMUNT**  _violas de gamba_  \nEstuda 
	viola de gamba con Clara Hernández e Sergi Casademunt e fórmase nos Conser
	vatorios de Girona e Perpiñán con Christian Sala. Máis tarde estuda na E
	scola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) con Guido Ballestracci e Emma
	nuel Balssa e licénciase en interpretación da música antiga. En 2013 obtén
	 o Máster en Interpretación da Música Antiga na Escola Superior de Música 
	de Cataluña e na Universidade Autónoma de Barcelona\, e en 2014 o Máster 
	en Formación de Profesorado de Secundaria. Formouse en música medieval con
	 Mauricio Molina e Pau Marcos. Actualmente forma parte do conxunto de viol
	as In Nomine e Guillamí Consort (Sergi Casademunt)\, La Ferlandina\, Amar
	ante\, The Voice of the Viol e Novum Organum. Colabora con agrupacións esp
	ecializadas na interpretación con criterios históricos como Bach Collegium
	 Barcelona\, Cor Jove Nacional de Catalunya\, Bach Zum Mitsingen e\, baixo
	 a dirección de Jordi Savall\, Hespèrion XXI e La Capella Reial de Catalu
	nya. Participou con distintas formacións en numerosos festivais de música 
	en España\, México\, Uruguai\, Francia\, Inglaterra\, Canadá\, etc. En 20
	20 creou o seu propio proxecto de ensino musical denominado Gamba Música n
	o que imparte clases\, obradoiros de música en familia e de sensibilizació
	n musical\, etc.\n\n![](https://ateneodesantiago.gal/storage/attachments/c
	olaboradores-6a34223656f49.jpeg)
LOCATION:Praza de Salvador Parga\, 4\, 2º<br>\n15704 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
