BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:BjZwO48uSPILB-hvR1Udr
SUMMARY:OS ALEGRES DÍAS DE NÁPOLES. Música nos tempos de Pedro Fernández de
	 Castro (RESONET)
DTSTAMP:20260811T020419Z
DTSTART:20261231T200000Z
DESCRIPTION:_\\# concerto 3 # colascione # percusión # fagot #_\n\n_**OS AL
	EGRES DÍAS DE NÁPOLES**_  \n_**música nos tempos de Pedro Fernández de Cas
	tro**_\n\n**RESONET**\n\nMERCEDES HERNÁNDEZ  _soprano_  \nDAVID SAGASTUME 
	 _contratenor_  \nCHRISTIAN LOSADA  _tenor_  \nPAULO GONZÁLEZ  _frautas / 
	zanfona barroca_  \nROGERIO GONÇALVES  _fagot / percusións_  \nFERNANDO RE
	YES  _tiorba / colascione / guitarra barroca / dirección_\n\n**Teatro Prin
	cipal**  \nSantiago de Compostela  \n**venres 9 outubro** 2026  \n20.00\n\
	nLiderado por Mercedes Hernández e Fernando Reyes\, o grupo compostelán Re
	sonet presenta en primicia\, tras un longo período de investigación\, o se
	u proxecto _Os alegres días de Nápoles_. O programa ten como eixo as obras
	 do libro _I Lieti Giorni di Napoli_ dedicado por Girolamo Montesardo en 1
	613 a Pedro Fernández de Castro\, vicerrei de Nápoles e sétimo Conde de Le
	mos. Un rico e colorido grupo instrumental pouco común nos nosos días (tio
	rba\, colascione\, guitarra barroca e battente\, arquilaúde\, fagot\, frau
	tas\, violas\, percusións…) acompaña as _canzonetas_ e os madrigais de unh
	a a tres voces de Girolamo Montesardo\, ás que poñen voz a soprano Mercede
	s Hernández\, o contratenor David Sagastume e o tenor Christian Losada.  \
	nEstas melodías acompañadas trasládannos a un universo de emocións\, conce
	ptos poéticos e sentimentos que eran esenciais e necesarios na vida do tam
	én duque de Sarria. Sen a música e os seus efectos non poderíamos comprend
	er nin a arte\, nin a vida social\, nin as accións políticas dos personaxe
	s daqueles tempos. Os tres puntos de partida para estes A_legres días de N
	ápoles_ son\, ademais do pequeno libro _I Lieti Giorni di Napoli_ de Girol
	amo Montesardo\, que Resonet interpreta integralmente\, o manuscrito incom
	pleto _Vilanelle et arie alla napolitana_ do mestre da Capela Real de Nápo
	les Giovanni Maria Trabaci e outras obras da época de Pedro Fernández de C
	astro relacionadas directamente ou con temáticas próximas ao vicerrei. Tam
	én nos atopamos con textos de Lope de Vega e Cervantes e un soneto do vice
	rrei e conde Pedro Fernández de Castro en _Os alegres días de Nápoles_ de 
	Resonet\, un conxunto compostelán con 35 anos de carreira\, historia e exp
	eriencia na música antiga cunha frutífera e especial atención á recuperaci
	ón das músicas relacionadas co Camiño de Santiago e Galicia.\n\nPROGRAMA\n
	\n**Girolamo Montesardo** (fl.1606-c.1620)  \n_I Lieti Giorni di Napoli_ (
	1612)  \nO fortunati giorni  \nO felice quel giorno  \nScherzo d’Amore\n\n
	**Giovanni Maria Trabaci** (c.1575-1647). _Vilanelle et arie alla napolita
	na_ _s. d._  \nStefanio Jeronimo (música) / Pedro Fernández de Castro (tex
	to)  \nVe el Sol en verde paz (soneto)\n\n**Juan Arañés** (c.1580-c.1647).
	 _Libro Segundo de Tonos y Villancicos_ (1624)  \nMiguel de Cervantes (tex
	to _La Ilustre Fregona_\, _Novelas Ejemplares_\, 1613)  \nChacona\n\n**Gir
	olamo Montesardo** (fl.1606-c.1620)  \n_I Lieti Giorni di Napoli_ (1612)  
	\nLa peregrina  \nLa faceta  \nScherzo di Ninfe\n\n**Giovanni Maria Trabac
	i** (c.1575-1647). _Vilanelle et arie alla napolitana_ _s. d._  \nEncontrá
	ndose dos arrolluelos (texto Félix Lope de Vega)  \nQuando mai tanti rai\,
	 _In lode del Ilmo. e Ecmo Signore Duca d’Alba_\n\n**Henry de Bailly** (c.
	1590-1637). _Airs de differents auteurs_ (París 1614)  \nPassacaille la Fo
	lie. Yo soy la Locura\n\n**Etienne Moulinié** (1599-1676). _Troisième Livr
	e d’Airs de Cour_ (París 1629)  \nRepicaban las campanillas\n\n**RESONET**
	  \nFórmase en 1990 en Santiago de Compostela baixo o impulso do laudista 
	Fernando Reyes\, quen dirixe o grupo\, e a soprano Mercedes Hernández\, to
	mando o nome dunha peza do _Códice Calixtino_. Os seus compoñentes están e
	specializados na interpretación da música antiga nos máis recoñecidos cent
	ros de formación de Europa. Teñen realizado numerosos concertos en prestix
	iosos festivais e auditorios de toda Europa e dedican grande atención á mú
	sica relacionada con Galicia e co Camiño de Santiago. Gravaron _La Grande 
	Chanson_ (cancións dos peregrinos de Francia\, s. XVII)\; _Santiago!_ (mús
	ica e peregrinacións no Renacemento)\; _Les Pellerines_ (a moda da peregri
	nación en Francia\, s. XVII)\; _Il Pellegrino_ (a viaxe de Cosme III de Me
	dici\, 1668)\; _Canto de Nadal_\; _Cantares Galegos – Rosalía de Castro_\;
	 _Canto de Ultreia_: (Codex Calixtinus – Cantos de peregrinos: Músicas par
	a as festas de Santiago\, s. XII)\; _Festa Dies_(músicas para a consagraci
	ón da Catedral de Santiago\, 1211)\; _A Peregrina_ (cantos e romances nos 
	camiños de Santiago)\; _Cantiga_ (Trobadores de Galicia e Portugal\, s. XI
	II-XIV)\; _Floralba_ (cantos e romances de Galicia)\; e _Chacona\, a canci
	ón de Santiago_.\n\n**FERNANDO REYES**  \nInicia os seus estudos como neno
	 cantor na Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Especialízase 
	nos instrumentos antigos de corda pulsada no Conservatorio de Toulouse e n
	a Staatliche Hochschule fur Musik de Trossingen (Alemaña) con Rolf Lisleva
	nd. Como instrumentista\, realiza unha intensa actividade de concertos e g
	ravacións como solista e acompañante por toda Europa. Ademais\, compuxo e 
	dirixiu a música de diversas obras teatrais\, publicou diversos artigos so
	bre música antiga e varias guías musicais e libros-CD. Ten impartido numer
	osos seminarios e conferencias en diferentes universidades e centros de en
	sino europeos. Realiza unha grande investigación sobre a orixe da chacona\
	, que se plasma en 2022 no proxecto _Chacona\, a canción de Santiago_\, co
	n numerosos concertos\, unha gravación discográfica e unha grande exposici
	ón no Museo das Peregrinacións e de Santiago\, da que é comisario. Grava\,
	 como solista\, _Viaxe a Compostela_\, con músicas sobre diarios de peregr
	inos\, e con Mercedes Hernández grava _Tonos de Amor_**\,** dedicado ás ca
	ncións para voz e guitarra do autor barroco José Marín.\n\n**MERCEDES HERN
	ÁNDEZ**  _soprano_  \nNace en Santiago de Compostela\, onde canta dende ne
	na en diversos coros. Estuda canto\, especializándose en música antiga\, n
	o Conservatorio de Toulouse (Francia)\, na Musikhochschule de Trossingen (
	Alemaña) e na Schola Cantorum Basiliensis (Basilea\, Suíza) con profesores
	 como Guillemette Laurens\, Richard Levitt\, Montserrat Figueras\, Nicolau
	 de Figueiredo e René Jacobs. Colabora en concertos e gravacións con impor
	tantes grupos como La Capella Reial de Catalunya (Jordi Savall)\, Le Parle
	ment de Musique (Martin Gester)\, Ensemble Elyma (Gabriel Garrido)\, The H
	arp Consort (Andrew Lawrence King)\, La Fenice (Jean Tubery)\, etc.\, tend
	o actuado en moitos dos principais auditorios e festivais de Europa e Amér
	ica. Funda o grupo de música antiga Resonet co laudista Fernando Reyes en 
	Santiago de Compostela\, realizando numerosas gravacións centradas nas mús
	icas antigas do Camiño de Santiago e de Galicia. Tamén con Fernando Reyes 
	grava _Tonos de Amor_\, dedicado ás cancións para voz e guitarra de José M
	arín.\n\n![](https://ateneodesantiago.gal/storage/attachments/colaboradore
	s-6a3420bb8a978.jpeg)
LOCATION:Praza de Salvador Parga\, 4\, 2º<br>\n15704 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
