Miserábeis
Texto
Miserábeis é un proxecto sen precedentes a partir da obra de Víctor Hugo, artellado en torno a unha fonda reflexión sobre a importancia dunha aprendizaxe cooperativa, competen...
Miserábeis é un proxecto sen precedentes a partir da obra de Víctor Hugo, artellado en torno a unha fonda reflexión sobre a importancia dunha aprendizaxe cooperativa, competencial, dende unha óptica feminista e en lingua galega. Sobre as táboas reunímonos grande parte da comunidade educativa do IES Illa de Ons de Bueu, mais de 70 persoas entre profesorado, alumnado, persoal non docente e familias.
A nosa versión de Miserábeis incorpora elementos da idiosincrasia galega achegando á nosa realidade esta historia atemporal e comprométese con temas da mais absoluta actualidade como a revolución dos pobos, a loita pola liberdade; a diverxencia que hai ás veces entre a lei e a justiza e o fracaso que supón para a Humanidade que morra un só neno, unha soa nena en calquera dos múltiples conflitos que nos asolan.
Dende o ano 2019 Miserábeis recibe diversos recoñecementos como o Primeiro Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e o Primeiro Premio en Educación en Valores dentro dos Premios Provinciais á Xuventude que outorga a Deputación de Pontevedra, ademáis de ter participado en diferentes eventos teatrais como Ponteatro 2025.
Ver máis
Dirección
Teté García
Teté García é profesora de Música no IES Illa de Ons de Bueu dende o ano 2006. Titulada na ...
Teté García
Teté García é profesora de Música no IES Illa de Ons de Bueu dende o ano 2006. Titulada na especialidade de piano polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, conta co D.E.A. en Didácticas Especiais e dende os seus inicios no teatro profesional en 2003 traballou con compañías como Balea Branca, Cámara Negra, Arela das Artes, Aporía Escénica, Inversa Teatro, Centro Dramático Galego ou Ibuprofeno Teatro ademáis de facer tempada no Teatro Nuevo Alcalá de Madrid no musical Galicia Caníbal dirixido por Quico Cadaval. No audiovisual participou en diversas curtametraxes, nalgún videoclip e foi a protagonista feminina da longametraxe Fragmentos de Brand.
Combina a súa faceta como docente e actriz coa de dramaturga tendo varios textos publicados na Revista Galega de Teatro e recibindo no ano 2016 xunto con Diana Mera e Merche Pérez o Premio María Casares ao mellor texto orixinal por Trinta e tantos osos. No ano 2020 recibe no Festival de Teatro Galego (FETEGA) Celso Parada o premio á Mellor Actriz polo seu traballo en Clausura do Amor de Cámara Negra dirixida por Carlos Álvarez- Ossorio.
En Miserábeis encárgase da tradución e adaptación das letras, da dramaturxia e da dirección escénica coa colaboración de todo o profesorado implicado no proxecto.
Ver máis
Elenco
Comunidade educativa do IES Illa de Ons (Bueu)