BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:adamgibbons/ics
METHOD:PUBLISH
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VEVENT
UID:hJvQThNKtJP7pHB6g5u1D
SUMMARY:Hamlet
DTSTAMP:20260422T183012Z
DTSTART:20261230T180000Z
DESCRIPTION:Texto\n\nDe Tito Asorey e Vanesa Sotelo a partir do texto orixi
	nal de William Shakespeare\n\nAo longo da súa traxectoria\, o CDG achegous
	e en varias ocasións ao universo shakespeariano con m...\n\nDe Tito Asorey
	 e Vanesa Sotelo a partir do texto orixinal de William Shakespeare\n\nAo l
	ongo da súa traxectoria\, o CDG achegouse en varias ocasións ao universo s
	hakespeariano con montaxes que conseguiron gran recoñecemento artístico e 
	unha excelente acollida do público. Desde As alegres casadas\, en 1989\, a
	ta Shakespeare en Roma\, en 2023\, pasando por títulos como Un soño de ver
	án (1992)\, Ricardo III (2005) ou Noite de Reis (2007). Porén\, chama a at
	ención que Hamlet\, probablemente a peza máis célebre do dramaturgo inglés
	\, nunca formara parte ata o de agora do seu repertorio.\n\n  \nTras a mor
	te do rei de Dinamarca\, o príncipe Hamlet regresa ao castelo de Elsinor e
	 atópase cunha corte transformada: súa nai\, Gertrud\, casou rapidamente c
	on seu tío Claudio\, que agora ocupa o trono. Pouco despois\, o espectro d
	e seu pai revélalle un segredo terrible: asasinouno Claudio. Desde ese mom
	ento\, Hamlet queda atrapado entre a necesidade de facer xustiza e as súas
	 propias dúbidas. Mentres intenta confirmar a verdade e decidir como actua
	r\, o príncipe adopta un comportamento errático que desconcerta a todos ao
	 seu redor. As sospeitas\, as intrigas políticas e os xogos de poder van e
	nvolvendo a corte\, afectando tamén as relacións persoais de Hamlet\, espe
	cialmente coa inocente Ofelia.\n\n  \nA medida que a tensión medra\, as me
	ntiras e as vinganzas desencadean unha cadea de traxedias que conduce a un
	 enfrontamento final no que se saldan contas antigas e o destino de Dinama
	rca queda marcado para sempre.  \nTodo o humano cabe en Hamlet. Unha histo
	ria onde o heroe é por veces luminoso e moitas veces escuro\, en conflito 
	continuo e en dúbida constante\, que se destila nese ser ou non ser xa con
	vertido en icona pop. É teatro en maiúsculas\, porque non hai nada máis dr
	amático que a dúbida. Nin nada máis galego.\n\n##### SER\, SOMOS  \nFran N
	úñez| Director do Centro Dramático Galego\n\nHamlet é un texto ao que hai 
	que volver sempre. O Centro Dramático Galego nunca montou Hamlet\, o de Sh
	akespeare\, porque o de Cunqueiro si que se montou dúas veces. Así que\, n
	o noso caso\, volvemos a Hamlet e chegamos por primeira vez aoHamlet de Wi
	lliam Shakespeare.\n\nDin que os clásicos son clásicos porque resoan no pr
	esente. Tamén porque falan de nós. E iso confróntanos.\n\nHamlet é un dos 
	máis brillantes exemplos de teatralidade\, de metateatralidade. Unha compa
	ñía de teatro dentro dunha obra de teatro\, unha farsa honesta que expón a
	 mentira e a podremia do ser humano. Por iso o teatro segue vivo en tempos
	 de intelixencia artificial\, de plataformas de contidos e de redes sociai
	s\, porque o teatro é un encontro\, porque non hai nada que supere o ser e
	 o estar xuntos. Uns\, no escenario\, xogando a ser e\, outros\, no patio 
	de butacas\, intentando ver sen ser vistos. Pero dun lado e doutro do pano
	 sabemos que estamos a compartir un momento único que non volverá pasar\, 
	porque esa é a maxia do teatro.\n\nEn tempos de soidade\, de illamento\, d
	e individualismo\, lembrar que non estamos sós\, porque como mínimo para q
	ue exista o teatro ten que haber dúas persoas: o que fala e outro que mire
	. Iso\, hoxe\, tal e como está o mundo\, xa é moito. Porque á eterna pregu
	nta de se somos ou non somos\, que dicía Hamlet\, o teatro dános unha resp
	osta: somos. Somos parte de algo\, somos seres sociais que compartimos\, q
	ue nos encontramos.\n\nLevamos dous mil anos anunciando a morte do teatro 
	e cada día está máis vivo. Porque o teatro non deixa de existir mentres ex
	ista a necesidade do ser humano de compartir\, de coidar\, de acompañar. O
	 teatro é iso. Din que un dos primeiros signos de humanidade foi un óso qu
	ebrado e soldado que se atopou nun xacemento arqueolóxico. Porque alguén t
	ivo que coidar do outro. E o teatro é unha tarefa colectiva baseada niso\,
	 no outro\, nese coidado entre o equipo artístico\, o equipo técnico e o p
	úblico. E por iso o teatro nunca vai morrer\, porque é brutalmente humano.
	\n\nÁs veces penso que a humanidade merecemos extinguirnos\, pero logo pen
	so que con iso extinguirase o teatro e pásame. Un anaco.\n\n###### AVISO D
	E SEGURIDADE:  \nEsta produción contén efectos de iluminación intermitente
	/estroboscópica e sons de alto impacto.\n\n###### COMPROMISO COA ACCESIBIL
	IDADE:  \nTodas as representacións contarán con interpretación en linguaxe
	 de signos\, audiodescrición\, programa de lectura fácil e acceso para per
	soas con mobilidade reducida.\n\n###### As butacas para PERSOAS CON MOBILI
	DADE REDUCIDA serán adquiridas na billeteira do Salón Teatro os días de fu
	nción dende as 16:00 ata a hora do inicio da función (18:00 h) presencial 
	ou telefónicamente (881 867 223). Tamén poden reservarse no enderezo elect
	rónico [centro.dramático.galego@xunta.gal](mailto:centro.dram%C3%A1tico.ga
	lego@xunta.gal)  \nOs dispositivos de audiodescrición serán solicitados ao
	 persoal de sala.\n\n###### FUNCIÓNS DESCONTRAÍDAS - MÉRCORES ÁS 18:00 H: 
	 \nComo parte das medidas de accesibilidade adoptadas polo CDG\, os mércor
	es ás 18:00 h haberá sesións descontraídas coas que se pretende crear un a
	mbiente acolledor para aquelas persoas con necesidades especiais ou divers
	idade cognitiva e/ou sensorial. Ademais das medidas de accesibilidade comú
	ns a todas as representacións\, nestas sesións descontraídas redúcense as 
	restricións propias dos protocolos de asistencia a espectáculos teatrais: 
	non hai escuridade total no patio de butacas e permítese a entrada e saída
	 da sala\, tendo\, ademais\, unha maior tolerancia a sons e movementos no 
	patio de butacas por parte dos equipos que traballan na escena.\n\nVer mái
	s\n\nAutoría\n\nA TRINCHEIRA DO HUMANO  \nTito Asorey e Vanesa Sotelo | Di
	rección e codramaturxia\n\nHamlet é\, sen dúbida\, a peza teatral máis fam
	osa da historia\, escrita arredor do 1600 por un home que ...\n\n###### A 
	TRINCHEIRA DO HUMANO  \nTito Asorey e Vanesa Sotelo | Dirección e codramat
	urxia\n\nHamlet é\, sen dúbida\, a peza teatral máis famosa da historia\, 
	escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu\, coma Atlas\, coller a 
	esfera da Terra nas súas mans e\, con ela\, todos os asuntos humanos\, e p
	lantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres\, The Globe. Desde ese lu
	gar\, o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observar
	se dun xeito crítico a través de pezas que son obras mestras inesgotables 
	de pura paixón e acción escénica.\n\nHamlet é unha traxedia de vinganza na
	 cal o seu protagonista\, de xeito paradoxal\, non ten as características 
	propias dun heroe de acción\, asolado por unha conciencia que lle dificult
	a habitar nun mundo moralmente apodrentado. A través da súa peripecia\, a 
	pluma mestra de Shakespeare constrúe unha peza poliédrica e dificilmente e
	tiquetable que desborda os límites de calquera categorización\, porque Ham
	let é unha traxedia de vinganza\, pero tamén unha peza sobre o amor e o ma
	ltrato\; é a historia dun mozo que se sente abandonado pola nai\, pero é t
	amén o relato dunha nai que loita por defender o seu dereito á felicidade\
	; é unha das primeiras pezas que nos fala da saúde mental\, un thriller de
	 vinganza\, unha historia de pantasmas\, unha peza de teatro político\, po
	r veces filosófico e por veces metafísico\, un drama psicolóxico\, unha tr
	uculenta historia de violencia que acaba nunha tremenda carnicería final e
	 tamén o reflexo da loita dunha xuventude que se ve obrigada a loitar pola
	 orde dunha xeración anterior\, deixando a súa vida nunha contenda que lle
	 vén dada\, pero que non elixiu. É\, en definitiva\, unha obra mestra sobr
	e a dificultade de acadar a verdade nun mundo que fixo da mentira e da man
	ipulación do relato a súa normalidade\, e tamén a historia de dous mozos q
	ue se ven obrigados a vingar os seus pais\, cando eles quizais non merecía
	n tanto esforzo.\n\nTodo iso é Hamlet\, todo o humano cabe en Hamlet. Nest
	es tempos en que as máquinas semellan ser humanas\, é esencial reflexionar
	 sobre o que nos fai verdadeiramente humanos. Porque o problema quizais no
	n é que as máquinas sexan cada vez máis semellantes a nós\, senón que nós 
	imitemos cada vez máis o xeito de pensar das máquinas. O abismo ao que nos
	 fai asomar Hamlet pode ser un xeito de posicionarnos na trincheira do que
	 realmente significa ser humano.\n\nVer máis\n\nDirección\n\nTito Asorey: 
	"Este Hamlet non é só unha obra de teatro\, é un acontecemento cultural"\,
	 afirma Asorey\, quen salienta a dimensión colectiva dun proceso creativo 
	que devolve vida e present...\n\nTito Asorey: "Este Hamlet non é só unha o
	bra de teatro\, é un acontecemento cultural"\, afirma Asorey\, quen salien
	ta a dimensión colectiva dun proceso creativo que devolve vida e presente 
	ás palabras do bardo inglés desde os nosos días.\n\nVer máis\n\nElenco\n\n
	Sergio Abelaira Cristina Andrade Belén Constenla Raquel Espada Isabel Garr
	ido César Goldi Alejandro Jato Marita Martínez Iolanda Muíños Anxo Outumur
	o Pedro Placer Adrián Ríos Machi Salgado Toni Salgado Inés Salvado Gontad 
	Sergio Zearreta
URL:https://centrodramatico.xunta.gal/gl/espectaculos/hamlet#functions
LOCATION:Rúa Nova\, 34<br>\n15705 Santiago de Compostela
X-MICROSOFT-CDO-BUSYSTATUS:BUSY
DURATION:PT
END:VEVENT
END:VCALENDAR
