O riso e a faca
Sergio viaxa a África Occidental para traballar como enxeñeiro ambiental. Alí entabla unha relación estreita, aínda que un tanto desequilibrada, con Diara e Gui. Axiña descobre que un enxeñeiro italiano, ao que lle asignaron a mesma misión uns meses atrás, desapareceu misteriosamente.